miércoles, 1 de febrero de 2012

O xardín da noite

No máis profundo do xardín da noite, moi preto do límite do tempo, o rastro das ideas extendíase coma unha densa néboa que cubría toda vida que aínda permanecía no lugar. A sombra dos ríos descendía con suavidade, lembrando o camiño que a levara a atoparse, nese preciso intre, a carón da orixe do pensamento. Unha lixeira ventoada mecía con suavidade as cordas dun violín esvaecido, facendo que unha fina música adornase a xa de por sí enternecedora estancia. As notas bailaban nun compás triste, pero ó mesmo tempo esperanzador. Os reloxos non existen no xardín da noite; tan só pasan as horas que un quere que pasen, soamente as horas que un quere que pasen. Sen embargo, no val dos soños non hai tempo para miradas atrás. O precio a pagar pola eternidade é que non existe camiño de volta.

Chegando ó amencer no xardín da noite tentou enganar ó tempo. Volveu desesperado ó principio, onde brota a choiva e o sol non queima, onde nace a historia e remata a escuridade. Discerniu a túa sombra, bebendo dos manantiais da alma. Correu como un neno na búsqueda das túas mans. Pero non se pode enganar ó diaño. Non alí. E xustamente cando cría sentír os seus dedos rozando a túa palabra, foi expulsado da fraga da vida. Agora agarda no rincón dos segredos, onde o tempo non pasa e só voan as horas que un quere que se queden, soamente as horas que un quere reter, esperando que o sol se poña no espertar da noite. http://www.youtube.com/watch?v=P8AZT3wKQVs